GALICIA KENPO KAI HONBU

Galicia Kenpo Kai Honbu, cuenta con tres Shibu (delegaciones).

La primera se encuentra en Vigo, la segunda en Lugo y la tercera en A Coruña.

Ambas cuentan con grupos de aprendizaje repartidos por Galicia.

El Presidente de Galicia Kenpo Kai Honbu es el Sensei Hugo Barros, cinturón negro 4º Dan de Kenpo Kai y entre sus éxitos deportivos, destaca el quedar subcampeón del Mundo de Kenpo Kai en el año 2016 en Japón.

El Kenpo Kai comenzó a practicarse en Galicia en el Gimnasio Shu en el pueblo de Moaña en el año 1987.

En estos años el Kenpo Kai ha seguido desarrollándose en Galicia y consiguiendo ser un referente nacional e internacional.

O Kenpō Kai, tamén podemos atopalo escrito en romaji das seguintes formas: Kenpo Kai, kenpokai, kempokai, kenpo-kai y kempo-kai, e en kanji coma (拳法會) ou (拳法会).

Kenpō Kai significa «reunión dos métodos do puño» (拳 ken = puño, 法 = método ou sistema, 會 ou 会 kai = reunión) e é unha arte marcial tradicional xaponesa ou budō, con algunha influencia chinesa.

A súa filosofía é o desenvolvemento persoal e a búsqueda do equilibrio a través do adestramento do Kenpō Kai. Desenvolve fortaleza física e mental e resiliencia de espírito ou superación persoal, mantendo valores do código samurái, como humildade, respeto, etc… intrínseco nas artes marciais xaponesas tradicionais. Destaca pola súa efectividade en combate e o seu traballo centrado principalmente sobre a defensa persoal aplicada.

O Kenpō Kai. susténtase en tres grandes piares:

Reiho (礼法)

O Reiho (etiqueta), tranquiliza a mente e desenvolve o autocontrol. Fainos mellores persoas e entrena o noso intelecto para reaccionar rapidamente en situacións perigosas. A súa práctica mantén as tradicións e conserva a sabiduría dos que precederon aos kenshis (practicantes de Kenpō Kai) actuais.

Un proverbio de Kenpō Kai dice «Sen un espírito forte y una mente sabia nunca habrá triunfo».

Uchiho (内法)

O sistema de equilibrar o corpo (Seitaiho 整体法) componse de técnicas de acupresión (Shiatsuho 指圧法), masaxe (Anmaho 按摩法), tratamento articular (Seifukuho 整復法), estudo de puntos vitais (Kyushoho 急所法), a este punto súmaselle outras técnicas adaptadas á práctica do Kenpo Kai, como o traballo de respiración (kokyuho 呼吸法), meditación (mokuso 黙想), enerxía interna (Kiho 気法) filosofía (Tetsugaku 哲学)…, todos estes métodos ou sistemas compoñen o chamado sistema interno (uchiho 内法) de Kenpo Kai.

Bujutsuho (武術法)

O Bujutsuho (sistema técnico marcial) é a aprendizaxe das técnicas de loita. Está composto por: formas (kata型), defensa personal (Goshinjutsu 護身術), combates (Randori 乱取), armas tradicionais (Buki 武器), puntos vitais (Kyusho 急所), proba de rompimento (Tameshiwari 試割り), proba de corte (Tameshigiri 試し切り). Esta aprendizaxe inclúe golpes, luxacións, inmobilizacións… tanto de pé como no chan con armas ou sen elas, contra un ou varios adversarios. Este sistema é considerado o sistema externo (Sotoho x外法) de Kenpo Kai.

Oríxenes

Un monxe Shaolin de apelido Jiang ensina á súa familia o sistema de loita do shaolin quan para que poidan defenderse dos ataques de ladróns (xa que a súa familia fora obxecto de repetidas agresións). Este sistema de loita foi transmitido de xeración en xeración dentro da mesma familia, pasando a denominarse Jiang Quan (boxeo da familia Jiang).

Durante o Shogunato Tokugawa, un mozo aventureiro xaponés iniciado na arte do Kashima shinto ryu de nombre Tawada Ishizaka viaja a China e no seu periplo por este país, pasa varios anos ao servizo da familia Jiang. Ao casarse cunha das fillas do Mestre, é aceptado como alumno sendo iniciado na súa arte de loita.

De volta a Xapón cos seus fillos, Tawada decide para sobrevivir, crear unha troupe teatral, facendo espectáculos basados na súa mestría do jiang chuan, en xaponés Shouken. Tawada xa nunha idade avanzada, cede ao seu fillo a parte máis espectacular das súas representacións. Co tempo, codifica e desenvolve a práctica da súa arte marcial, incluindo algúns elementos do kashima shinto ryū que el practicou na súa xuventude; confíríndolle ao estilo unha personalidade propia. Transmíteo aos seus descendentes e desta práctica chegará o Ishizaka Ha Kenpō.

Os últimos Mestres do Ishizaka Kenpō foron Koiso Ishizaka (1915-1966), o seu irmán Kazuo (1921-1998) e o fillo de Koiso, Sotoki Ishizaka (1943-1987).

Kazuo Ishizaka a principios dos 1960s, contacta en China cun descendente da familia Jiang, o Mestre Rou Jiang (1889-1978), convértese no seu alumno e entrena durante varios anos baixo a súa directiva, recuperando as técnicas perdidas do Shouken.

A finais dos 1960s, Kazuo Ishizaka, termina de codificar o Kenpo-Kai tras un profundo estudo dos sistemas de loita que deron nacemento á arte da súa familia, coa intención de recuperar e integrar as técnicas perdidas do Shouken, co Ishizaka ha Kenpō e o Kashima Shinto Ryū. Sendo un dos seus maiores apoios para conseguir este fin, o Gran Mestre Chiaki Ohashi.

É neste momento cando nace o Kenpō Kai, tal e como o coñecemos.

O Kenpō Kai ten os seus principios filosóficos no espírito samurái do bushidō.

No ano 1969 comeza a ensinarse oficialmente Kenpō Kai a todas as persoas que queren aprendelo, sexan orientais ou occidentais, xa que o Ishizaka Kenpō só era ensinado aos membros da familia Ishizaka ou en círculos moi restrinxidos.

En 1980 nace I.K.K.O. (Internacional Kenpo Kai Organization) con sede en Tokio (Xapón).

En 1985 rexístrase oficialmente E.K.K.O. (European Kenpo Kai Organization) como delegación da IKKO para Europa.

En 1987, o Mestre Sotoki Ishizaka, more nun accidente de coche no Brasil.

En 1990, celébrase o primeiro campeonato do Mundo de Kenpō Kai en Tokio (Xapón), o español Juan María Vidal proclamouse campeón do mundo na final contra o estadounidense Mike Robertson.

En 1998, o Mestre Kazuo Ishizaka falece, creándose unha pequena incerteza sobre o futuro do Kenpō Kai. O Gran Maestro Chiaki Ohashi faise cargo do Kenpō Kai, converténdose en presidente mundial no ano 2000. O seu maior logro foi a reorganización e unificación a nivel mundial desta arte marcial en busca dunha maior difusión e recoñecemento internacional para o Kenpō Kai.

No ano 2000, a sede central de Kenpō Kai trasládase oficialmente á cidade xaponesa de Hamamatsu.

En outubro do 2023, en Túnez realizouse a ceremonia de recoñecemento do Sōke (Guardian de la escola) Chiaki Ohashi do grao de cinto negro 10º dan en Kenpō Kai, converténdose na única persoa viva que posúe este grao.

Estructura de ensinanza

A actual estrutura conserva as etapas tradicionais de ensino, para iso o Kenpo Kai conta cun programa moi organizado, superado en graos de cintos de cores chamados kyū (級) e graos de cinto negro chamados dan (段)

Grao kyū en Kenpō Kai, de maior a menor, en cada grao cambiase a cor do cinto:

  •        Rokkyū (六級) 6º kyu (cinturón branco)
  •        Gokyū (五級) 5º kyu (cinturón amarelo)
  •        Yonkyū (四級) 4º kyu (cinturón laranxa)
  •        Sankyū (三級) 3º kyu (cinturón verde)
  •        Nikyū (二級) 2º kyu (cinturón azul)
  •        Ikkyū (一級) 1º kyu (cinturón marrón)

Grao dan en Kenpō Kai, de menor a maior, a cor do cinto, sempre é negro en todos os graos:

  •        Shodan (初段) 1º dan
  •        Nidan (弐段) 2º dan
  •        Sandan (参段) 3º dan, Maestro (Sensei 先生)
  •        Yondan (四段) 4º dan
  •        Godan (五段) 5º dan, Maestro de Maestros (Shihan 師範)
  •        Rokudan (六段) 6º dan
  •        Shichidan (七段) 7º dan
  •        Hachidan (八段) 8º dan
  •        Kudan (九段) 9º dan
  •        Judan (十段) 10º dan, Gardian da escola (Sôke 宗家)

A estructura da aprendizaxe baséase en 5 principios:

  •        Kihon (基本) base
  •        Kata (型) forma
  •        Waza (技) técnica
  •        Randori (乱取) exercicio libre
  •        Tameshi (試し) test, proba

Técnicas Waza 技

O Kenpō Kai conleva o estudo de tres grandes bloques, o mental por medio do Reiho, o benestar físico por medio do Seitaiho e o marcial por medio do Bujutsuho.

Estes grandes bloques compleméntanse para facer do kenshi (拳士), unha persoa estable e eficaz cando a situación o requira.

Para iso súmanse e estudan diferentes técnicas como, por exemplo:

Kiho

 Na parte avanzada do Kenpō Kai atópanse as técnicas de traballo enerxético (kiho), que contén un certo número de técnicas de respiración como o kokyu go kata 呼吸剛型 (forma de respiración dura), trátase dun exercicio de musculación isotónica, que permite o desenvolvemento da estabilidade e a concentración da forza nunha zona concreta do corpo, co fin de poder aplicar unha forza máxima nas técnicas e facer o corpo moito máis forte e resistente. É o inicio das técnicas de traballo para mellora-la saúde.

Bujutsuho.

É outra das partes que comprende o Kenpō Kai tradicional dentro do sistema externo (sotoho As súas características son o desenvolvemento do control do corpo, o endurecemento, o manexo de armas tradicionais (bukiho), o estudo de estratexias de loita basados nos 5 elementos e os animais (.-godai 五大) e a defensa persoal (goshinjutsu). Dentro deste último sistema, existen 3 subsistemas, sendo estes:

Método duro ou Goho corresponde á aprendizaxe do sistema duro, que utiliza os golpes, blocaxes, esquives…

Juho (柔法)

Método brando. O juho corresponde a aprendizaxe do sistema brando ou suave, é un método de loita que lles corresponde ós agarres, proxeccións, inmobilizacións, estrangulacións e dislocacións articulares.

Gojuho (剛柔法)

Método híbrido ou sistema híbrido Gojuho é a mestura dos dous anteriores, combinándoos da maneira máis eficaz; é o sistema máis completo de defensa persoal practicado en Kenpō Kai e por tanto un método de autodefensa efectivo.

Bukiho

Sistema de armas. Son 12 as armas que se estudan en Kenpo Kai, entre elas atópanse as tradicionais  棒 (bastón), nawa 縄 (corda)…, a máis importante é a espada xaponesa (Nihonto 日本刀).

Kata

Forma ou encadeamentos. No Kenpō Kai, existen varios kata diferentes, que son executados en solitario ou por parellas, con armas… así como katas de competición. Para os cintos negros existen igualmente formas inspiradas nos animais.

Kenpō kai avanzado

A partir de cinturón negro primer dan comeza a aprendizaxe do Kenpō Kai avanzado. Técnica e físicamente é máis esixente, este tipo de traballo non é posible sen a adquisición e comprensión dunha boa base.

Competición Shiai 試合

En 1976, celebrouse o primeiro campeonato de Kenpō Kai na cidade xaponesa de Wajima.

O aspecto deportivo da práctica do Kenpō Kai é unha evolución moderna que permite a esta arte marcial adaptarse á sociedade actual, integrando os valores morais e educativos coas antigas tradicións guerreiras niponas, por medio dun regulamento de competición. A competición permite ó kenshi (practicante de Kenpō Kai), adquirir cualidades coma a modestia, ensinando que os resultados deportivos brillantes son efímeros, polo que sempre hai que seguir evolucionando e aprendendo.

En outubro do 2023, celebrouse por primeira vez o campeonato do mundo de Kenpō Kai fóra de Xapón, en concreto en Túnez (África), todo un hito para a historia desta escola.

Modalidades de competición en Kenpō Kai:

  • Competición técnica individual: presentación dunha forma kata individual do programa oficial de aprendizaxe, a esta modalidade denomínaselle kata.
  • Competición técnica por parellas: execución dunha serie de técnicas de defensa persoal contra un adversario, a esta modalidade denomínaselle juho enbu.
  • Competición técnica individual con Nihonto: presentación dunha forma de espada xaponesa Nihonto kata individual do programa oficial de aprendizaxe, a esta modalidade denomínaselle kenpo kai Iai.
  • Competición combate: utilízanse proteccións para evitar posibles lesións, a competición de Kenpō Kai permite o contacto ao corpo con excepción dos puños á cabeza.

Existen tres categorías de combate:

  • Dantai RandoriCombate semi-contacto por equipos con proteccións (equipos formados por 3 ou 5 persoas).
  • Bogu RandoriCombate Semi-contacto con proteccións (para as persoas que se inician na competición e/ou persoas que queren realizar combates cunha protección alta).
  • RandoriCombate contacto (normalmente reservado aos cintos marrones e negros, as proteccións utilizadas son as mínimas: casco, guantillas e coquilla).

Unha das características que chama a atención nas competicións de Kenpō Ka é ver aos competidores despois do combate realizar o reitoku 礼徳 (cortesía, recoñecemento), que consiste no seguinte:

O kenshi que gañou o combate, diríxese ao seu opoñente, ambos séntanse en seiza (正坐 sentarse de rodillas), quitánse o casco e o poñen nun costado, os dous realizan unha reverencia (zarei 座礼), na que o gañador recoñece con este acto a valentía, a coraxe e o seu respecto e o vencido agradece esta mostra de respecto.

Organización

El Kenpō Kai está dirigido a nivel mundial por la International Kenpo Kai Organization con sede en Hamamatsu, Xapón, en cada continente ten unha delegación, como por exemplo Europa, a European Kenpo Kai Organization con sede en España e ésta á súa vez, en cada país, conta cunha Asociación (inscritas no Rexistro Nacional de Asociacións de cada país).

Os países nos que actualmente se practica Kenpō Kai son os seguintes:

Tunisia, Australia, España, Francia, India, Indonesia, Xapón, Nepal, Italia, Alemaña, Polonia, Rumania, Perú, México, Países Baixos, Nova Zelandia, Canadá, Zambia, Arxelia, Cuba, República Dominicana, Madagascar, Emiratos Árabes Unidos, MyanmarSuecia

  • Presidente Mundial: Chiaki Ohashi, décimo dan, presidente IKKO (International Kenpo Kai Organization).
  • Presidente para Europa : Juan-Mari Vidal, oitavo dan, presidente EKKO (European Kenpo Kai Organization).
  • Sede Central para Europa : Europe Kenpo-Kai Honbu, Pso. Julio Caro Baroja 2,31780 Bera – Navarra- España.
  • Presidente para África: Sensei Mourad Saâdallah, Sede central en Túnez (África Kenpo Kai Organization)
  • Presidente para Asia: Takao Asai, oitavo dan, Sede central en Nagoya (Xapón)